viernes, abril 26, 2024
InicioHistoria navalAniversario naufraxio do HMS Serpent en Camariñas 2019

Aniversario naufraxio do HMS Serpent en Camariñas 2019

A delegación provincial da Real Liga Naval Española na Costa da Morte un ano máis quere honrar a memoria das vítimas do cruceiro torpedeiro da Royal Navy HMS Serpent afundido un 10 de novembro de 1890 na Punta do Boi en Camariñas coa visita ao cemiterio onde se gardan os restos dos náufragos. 

A RLNE ven colaborando desde fai unha década co Concello de Camariñas no seu cumprido programa de actos na memoria deste sinistro, e este ano por mor do traslado das actividades para o sábado día nove de novembro de 1890 a RLNE tamén fará o tradicional ofrenda de flores na tumba do capitan Harry L. Ross ese día a partires das 19.00 horas. 

O sábado o delegado da RLNE na Costa da Morte Rafael Lema ofrecerá una charla a medio cento de sendeiristas da Ruta dos Faros de Galicia no faro de Cabo Vilán. 

Por outra banda o domingo día dez de novembro as dez da noite, para seguir estando presentes na data do fatal naufraxio no lugar dos feitos, membros da RLNE acudirán a ler un poema conmemorativo e colocar unha vela na tumba do capitán Ross no Cemiterio dos Ingleses da Punta do Boi.
 Está prevista a presenza do delegado provincial da RLNE e do promotor desta iniciativa Juan Campos Calvo-Sotelo.

Nota de prensa- Real Liga Naval Española

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS