viernes, abril 26, 2024
InicioHistoria naval33 anos do naufraxio co Casón. 33 anos de incógnitas e secretos

33 anos do naufraxio co Casón. 33 anos de incógnitas e secretos

Tal día como hoxe,fai 33 anos un mercante de 137 metros de eslora por 21 de manga,mandaba un mensaxe de auxilio á Marina de Ferrol,ás 6 da mañá,cando houbo un corremento de carga e varias explosións abordo,que lle cobrou a vida a 23 mariñeiros chinos dos 31 que había abordo. 

O buque terminou por encallar na punta do Castelo,na praia do Rostro (Fisterra). Dende aquel mesmo instante a sombra da conspiración asomou e eclipsou a comarca. 

A desinformación neste accidente foi un dos factores po los cales a xente e os veciños das vilas e aldea próximas empezaran a conspirar e a alarmarse. Nos días posteriores na localidade de Fisterra fanse varias concentracions para sacar ao mercante mal ferido das pedras pero non foi posible. Varios remolcadores de Salvamento marítimo fixeron varios intentos de sacar a o casco das pedras pero non foi posible sacalo.

Pero no anoitecer do día 10 de Decembro o barco estalla e produce varias explosions violentas abordo que fai alarmar moito mais a población.Ao parecer un producto químico inflamable chamado sodio producía ese tipo de explosions a o poñerse contacto ca auga.


A Xunta de Galicia anuncia esa noite unha evacuación voluntaria,centos de autobuses viñan en dirección a Muxía, Fisterra,Cee,Corcubion, Camariñas e Vimianzo para pode evacuar a población polo temor da nube tóxica. Os veciños evacuados foron transladados a numerosos centros das cidades da A Coruña e Santiago de Compostela,deixando as vilas case baleiras.

Posteriormente García Sabell compareceu poucas horas despois para desmentir que a nube fora tóxica. Pero xa era tarde para desmentilo e a coexistencia de mensaxes contradictorios dende as autoridades alentaron a desconfianza.

Numerosas personas tiveron a causa do fume molestias respiratorias,picores de garganta, mareos e sequedad nas mucosas nasales .
Nas posteriores semanas os veciños volveron a os seus fogares,e o buque terminou por ser desguazado por mar.

A o día de hoxe a conspiración,as incógnitas e os secredos sobre a carga do barco ainda están presentes nos veciños,xamais se borrara nin desaparecera estés terribles e angustiosos recordos e vivencias da xente que o viviu.


 

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS