lunes, mayo 6, 2024
InicioHistoria navalO naufraxio do "Anja" en Touriñán

O naufraxio do «Anja» en Touriñán

O buque de Chipre «Anja» de 100 metros de eslora quedouse á deriva nas costas de Touriñan (Muxía) un 28 de Febreiro de 1991 con 5.000 toneladas de ertilizantes e 82 toneladas de combustible e Fuel(70 toneladas de fuel e 12 de gasóleo)mandando un S.O.S a o centro de coordinación de salvamento marítimo . 

O buque terminou encallando na punta do Monte Gordo,en Touriñan, facendo temer unha marea negra. O mercante foi asistido po los remolcadores,»Ría de Vigo»,e «Remolcanosa 25»,e o helicóptero de salvamento marítimo poido rescatar a os 16 tripulantes soviéticos. O plan de salvamento de quitar o combustible despois do temporal caeuse a baixo.

Tres días días despois,o 3 de marzo,o barco parte en dous e afunde, derramando a súa carga. A ponte e a popa acabaron no interior dunha furna,a hélice quedou apoiada nun cantil,e a proa afundiose a 25 metros de profundidade. 

O fuel e o combustible derramouse pola costa pero sen grandes danos a o medio ambiente grazas a grande marexada daqueles dias.E os fertilizantes non perxudicaban danos a natureza.

O octubre do mesmo ano pesqueiro «Siempre Perales» afunde a altura de Touriñan por causas descoñecidas,pero os mariñeiros da zona xustificaban que foi un obxecto do «Anja»que fixo formar unha vía de agua no pesqueiro.

 

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS