viernes, diciembre 13, 2024
InicioCultura marineraAs lendas do Camiño dos Faros de Rafael Lema

As lendas do Camiño dos Faros de Rafael Lema

O escritor de Ponte do Porto Rafael Lema acaba de sacar un novo libro, «Camiño dos Faros, leyendas de la Costa da Morte» (Guíaburros Editatum), onde nos convida a facer un percorrido polo coñecido Camiño dos Faros entre Malpica e Fisterra anotando todo o universo de mitos e lendas que nos podemos atopar en cada tramo. O autor destaca que cada tramo ten as súas marcas de identidade. Hai patrimonio natural e histórico, pero ante todo é un dos lugares míticos de Europa, o Finisterre, son os camiños do fin do mundo antigo, desde onde contemplamos a morte do sol máis occidental.

E é a Costa da Morte, o maior cemiterio mariño de Europa, polo que a historia dos naufraxios é un sinal característico. Hai outras dúas particularidades: o camiño desemboca no roteiro xacobeo a Fisterra e Muxía, e é unha » ribeira sacra», toda a costa que imos percorrer estaba chea de pequenos mosteiros na Idade Media, e levantáronse famosos santuarios que ocuparon os antigos lugares de culto e cristianizaron moitos mitos e lendas.

No libro fálase sobre todo de lendas da Costa da Morte, procurando as variantes locais e nesta crónica imos deternos nas que teñen marcado carácter mariño. Por exemplo hai lendas sobre naufraxios célebres, tamén outras nas que se involucra a santa compaña coas súas luces como causa de naufraxios, temos a cita de barcos pantasmas, aparicións, illas máxicas.

En Malpica hai nada menos que un carreiro mariño (a canle da estádiga) por onde chega desde o norte a santa compaña ata as Sisargas. Pola praia de Laxe camiña a pantasma do desgrazado capitán Guillermo Dovell, no cemiterio dos ingleses escoitanse os laios do can do capitán Murray do Trinacria.

A nosa particular Moby Dick é «la ballena enfurecida» que con un zarpazo coa cola «abrió y trastornó» a nave de Juan Vidal de Caión no 1700. Desde Laxe entrou no 1945 polo esteiro do Anllóns o mercante Compostelano, pero ao leme do barco só ia un gato, un gato capitán. Esta vez zafou, un ano despois naufragou en Peniche, seica non ía o gato.

Santos que chegan polo mar

Nesta terra moitas imaxes de santos chegaron polo mar (san Adrián do Mar, Espírito Santo de Camelle, Virxe do Monte de Camariñas, san Marcos de Corcubión, Santo Cristo de Fisterra, Guadalupe de Ponte do Porto, A Xunqueira de Cee), e moitos campanarios teñen sinos de barcos naufragados. A do Agra segue tocando een Camelle, o Nil en Arou, o Maria Laar en Santa Rosa de Laxe, Angélica Schulte na Virxe do Monte, Priam en Santa Cristiña de Berdoias.

Os santuarios marianos, sobre todo os da Barca e Virxe do Monte gardan memoriais, exvotos, retablos dando a coñecer a intercesión milagrosa da virxe en auxilio de numerosos náufragos. Nunha furna mariña habitan a Buserana e o seu trovador. Por mar chegou o encaixe de Camariñas, traído por unha dama italiana náufraga, ou tal vez, cos peregrinos e comerciantes desta gran vía marina que une Atlántico e Mediterráneo nese arco fatídico Vilán-Touriñan que desnortaba os compases dos barcos.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS